O Concello promociona a gastronomía de Vigo no norte de Portugal
O alcalde de Vigo participa hoxe luns nun acto de promoción turística en Oporto, acompañado por empresarios do sector da hostelería. O obxectivo "é aumentar a visibilidade da cidade no norte de Portugal".
Co obxectivo de "aumentar a visibilidade de Vigo no norte de Portugal", Abel Caballero participou hoxe luns na Presentación de Vigo en Oporto, unha iniciativa concebida, segundo explicou en rolda de prensa, para "promocionar o turismo cercano de fin de semana" nunha xornada gastronómica destiñada a un público cualificado, medios de comunicación especializados ou axencias de viaxes.
Esta acción de promoción inclúese dentro do Plan de Competitividade Turística de Vigo, promovido polo Concello de Vigo e organizado pola Federación Provincial de Empresarios de Hostelería de Pontevedra e a Asociación de Hostelería de Vigo no Hotel Intercontinental de Oporto.
Descargar todas as imaxes