O goberno local reservará prazas de aparcamento para deixar e recoller pacientes de POVISA
O concelleiro de Transporte, Carlos Font, anunciou este martes a reserva de catro prazas de aparcamento en Gran Vía 120 para deixar e recoller pacientes do centro, co obxectivo de "facilitar" o acceso dos usuarios. No horario habitual de POVISA, estará permitido parar un máximo de cinco minutos neste espazo. Xunto ás prazas, o Concello habilitará outras dúas para persoas de mobilidade reducida e unha parada de taxis.
Carlos Font explicou que esta medida, que foi solicitada polos usuarios do Policlínico e as asociacións de taxis, procura "facilitar" a circulación e o acceso ao centro tras detectar "dificultades" para deixar e recoller pacientes.
As catro prazas de parada limitada estarán en Gran Vía número 120, xunto a dúas reservadas para discapacitados e unha parada de taxis con capacidade para catro vehículos, en ambos casos tamén de nova creación. Durante o horario habitual de POVISA, os coches poderán parar durante un tempo máximo de cinco minutos, pasando a ser estacionamentos de uso normal fóra da xornada de apertura do hospital.
Carlos Font adiantou que esta zona de aparcamento limitado, a parada de taxis e as prazas para persoas de mobilidade reducida estarán dispoñibles tan pronto a climatoloxía o permita, pois é preciso un prazo de 48 horas sen chuvias para o pintado e secado do asfalto.
Auditorio Pazo de Congresos
O concelleiro de Transporte tamén informou da posta en marcha dunha nova parada de taxis a pasada semana no "Mar de Vigo", co obxectivo de dar servizo aos usuarios do Auditorio e do hotel anexo nos días de eventos.
Habilitando unha zona para cinco vehículos, o goberno local atende unha demanda do hotel, do Pazo de Congresos e dos propios taxistas, que reclamaban este servizo nun lugar próximo ás novas instalacións congresuais e hoteleras de Beiramar.
Carlos Font aclarou que a parada estará en uso inicialmente nos días de actividade do "Mar de Vigo", non desbotando a posibilidade de convertila en permanente se a demanda así o require.
Descargar todas as imaxes