Escoitar

O goberno local apoia a mobilización sindical contra os recortes en sanidade e educación

O alcalde entrevistouse este mércores cos secretarios comarcais de UGT e CCOO, sindicatos que convocaron para este domingo, ás 12 horas, unha manifestación en contra dos recortes en sanidade e educación. Estas medidas afectan "de xeito moi importante" á cidadanía viguesa, apuntou Abel Caballero, en particular polo "hospital privado" que estase a construir en Vigo desde a Xunta de Galicia.

mércores, 25 abr 2012
1335356373sindicato.jpg
Cara á súa mobilización, as centrais sindicais solicitaron o respaldo do Concello de Vigo, apoio que garantiu Caballero pois a "importancia" dos recortes en materia sanitaria e educativa é cada vez máis "recoñecida" en España e tamén terán afección na cidadanía viguesa.

O alcalde vencelleou a protesta coa construción dun "hospital privado" con financiamento da Xunta de Galicia na cidade, e reclamou un centro público con fondos públicos, referencia en investigación e as 1.450 camas previstas. Caballero indicou que podería haber un "recorte" no número de camas -quedándose en 900- e a desaparición da área de investigación.
Descargar todas as imaxes