Caballero ve "lagoas constitucionais moi serias" na lei de Área Metropolitana de Vigo
Tras unha entrevista con representantes do colectivo educativo da cidade, e tras numerosas reunións con distintos sectores, o alcalde revelou a "indignación" de Vigo cunha lei definida como unha "agresión" á urbe que toda a cidadanía "percibe e rexeita". Abel Caballero criticou que, tras meses de negociacións, a lei "en lugar de avanzar, retrocedeuse".