O voluntariado medioambiental de "Camiño a Camiño" aborda a conservación do Río Lagares
A concelleira de Medioambiente, Chus Lago, presentou este xoves as actividades incluidas no Programa de voluntariado medioambiental "Camiño a Camiño" para o período de primavera e verán de 2012. Está previsto que preto de 1.000 persoas voluntarias colaboren ao longo todo o ano en distintas accións de conservación de áreas de especial interese ecolóxico do Concello de Vigo.<br />
O programa "Camiño a Camiño", nacido hai catro anos, persegue mesturar a educación medioambiental coas prácticas saudables no entorno natural. Nesta tempada estableceuse como prioridade o desenvolvemento de actividades formativas e de voluntariado medioambiental que permitan que os cidadáns e cidadás viguesas poidan contribuír a abordar necesidades de conservación que doutro xeito dificilmente serían executables.
Nesta lóxica, a Concellería de Medio Ambiente en colaboración coa Oficina Municipal de Voluntariado (OMV), desenvolveron unha programación de cursos de iniciación ao voluntariado medioambiental que pretenden que os participantes coñezan qué significa ser voluntario/a, e qué dereitos e deberes lle corresponden, e, ao mesmo, cómo se pode aportar un grao de area na resolución de necesidades sociais que teñen que ver coa acondicionamento do entorno que se vive.
Así, por exemplo, explícanse conceptos básicos sobre os hábitats e sobre alternativas a procesos que deterioran o entorno como a expansión de flora alóctona invasora que diminúe a biodiversidade e expulsa á flora outóctona que permite un equilibrio no ecosistema. 80 persoas voluntarias acaban de realizar estas funcións durante Semana Santa nas Illas Atlánticas, cun importante labor realizado antes de que se produza a floración.
Neste eido formativo, tamén se está a capacitar ao persoal voluntario en funcións de coordinadores de actividades, de xeito que 20 deles poidan desenvolvela na próxima actuación prevista no río Lagares tal e como se indica de seguido.
Os vindeiros cursos de iniciación ao voluntariado están previstos para o 28 de abril, de 10 a 14h; o 5 de maio, de 17 a 21h; o 12 de maio, de 10 a 14h; así como, os 16 ou 23 de xuño, de 10 a 14h. O proceso de inscrición realízase no 010 na semana previa ao curso. Entre outras avantaxes, a realización desta formación habilita para realizar labores voluntarias nas Illas Cíes.
UNHA NOVA ACCIÓN NO RÍO LAGARES
As accións realizadas nas Illas Cíes durante a Semana Santa permitiron xerar unha reflexión por parte de todos os asistentes que ven a transmitir un sentir xeralizado: os participantes de Camiño a Camiño -preto de 1.300 carnés nesta tempada- senten que reciben un beneficio en termos de coñecemento do medio, de oportunidades de mellora na saúde e de socialización e que dalgún xeito deben contribuír cun retorno en termos de aportación de tempo en espazos significativos medioambientalmente no termo municipal.
A proposta, concretada por un grupo de reflexión de 10 persoas, foi exposta á Concelleira de Vigo, Chus Lago, e refírese a unha actuación de apoio ao persoal de mantemento contratado para a conservación e limpeza da contorna do río Lagares. En resume están previstas dúas actuacións:
a) Acción colectiva da cidadanía de Vigo: 5 de maio, de 9-14h.
Función principal: erradicación de alóctonas (Arundo donas, Tradescantia Fluminensis, Canna Limbata, Arcototheca e Oxalis pes-caprae) e limpeza entre o tramo do CEIP de Balaidos e a zona húmida de Goberna.
Participantes: cidadáns maiores de idade empadroados en Vigo. A convocatoria inicial é ata 200 postos de voluntariado, participando adicionalmente como persoal voluntario/a persoal da Área de Medio Ambiente, da Oficina de Medio Ambiente, do Laboratorio Municipal e da Policía local.
Preinscrición: poderase realizar dende hoxe mesmo no 010, indicando como actividade "Voluntariado do 5 de maio".
Inscrición: A participación na actividade do 5 de maio require a cobertura dunha documentación específica que dende o venres 27 de abril e en días laborables estará dispoñible na Casa da Xuventude os días laborables. Esta inscrición permite ter as coberturas que esixe a lei de voluntariado.
b) Acción por pequenos grupos: entre o mércores 9 de maio e o sábado 16 de xuño
Función principal: repasar e completar traballo pendente da actividade do 5 de maio, así como ir facendo sistematicamente labores de conservación ao longo do percorrido do río no entorno próximo ao Parque de Castrelos. Deste xeito, aparte da acción voluntaria desempeñada, poderase comprobar de preto como distintos equipos (laboratorio municipal, técnicos municipais de medio ambiente, etc) abordan a conservación do rio Lagares.
Participantes: cidadáns maiores de idade empadroados en Vigo. A convocatoria inicial é de 4 grupos de ata 10-20 persoas segundo a inscrición, que de xeito quincenal desempeñarán a súa función, contando na medida posible con figuras de acompañante dos distintos servizos municipais ou de técnicos específicos.
Preinscrición: poderase realizar dende hoxe mesmo no 010, indicando como actividade "Voluntariado quincenal no Río Lagares" e escollendo de entre as seguintes combinacións:
- Mércores: 9.5 / 23.5 / 6.6 - Sábado: 12.5 / 26.5 / 9.6
- Mércores: 16.5 / 30.5 /13.6 - Sábado: 19.5 / 2.6 / 16.6
Inscrición: A participación nestas actividades require a cobertura do documento "Acordo de incorporación" e dunha documentación específica da Oficina Municipal de Voluntariado que dende o venres 27 de abril e en días laborables estará dispoñible na Casa da Xuventude.
Para poder realizar labores de voluntariado no seo do Programa Camiño a Camiño é imprescindible que, no caso de non ter realizado o Curso de iniciación ao voluntariado, se faga nas datas arriba mencionadas.
Tamén é necesario, que se se dispón do curso de iniciación ao voluntariado medioambiental, e xa se dispón dun "acordo de incorporación no voluntariado medioambiental", os interesados/as pasen pola Oficina Municipal de Voluntariado para cubrir brevemente os datos dunha enquisa.
PROCESO DE INSCRICIÓN.
Toda a información de Camiño a Camiño estará dispoñible na web da Concellería de Medio Ambiente, no blog de camiño a camiño (http://caminoacaminovigo.blogspot.com/) e no servizo de información ao cidadá 010.
Descargar todas as imaxes