Escoitar

A tenente de alcalde anima a todos os vigueses a disfrutar no Ifevi da festa de Verbenalia

A tenente de alcalde, Carmela Silva, animou hoxe xoves a todos os vigueses a participar en Verbenalia, o festival coas mellores orquestras de Galicia que arranca esta noite no Ifevi e se prolongará ata o domingo. Trátase da maior verbena indoor, con entradas a catro euros en taquilla.

xoves, 26 abr 2012
1335457708verbenalia.JPG
O festival Verbenalia comezou hoxe xoves no IFEVI de Vigo coa actuación de Teté y los Ciclones, Carlos Blanco, Budiño Dj, e a orquestra Panorama. A inauguración do festival contou coa presenza da presentadora Yolanda Vázquez (que presenta os concertos do festival), o director da Orquestra Sintonía de Vigo, Arturo de Castro, a Primeira Tenente de Alcalde do Concello de Vigo, Carmela Silva, e o xerente de Oíde Events, Iñaki Teixeira, organizador do festival.

No acto de presentación, Carmela Silva saudou o comezo de Verbenalia, un festival popular e aberto a todos, e destacou a importancia do sector das orquestras de Galicia, que xera miles de postos de traballo directos. Ademais, é o ocio preferido polos galegos, por riba do cine e do teatro, segundo un estudo realizado en 2011 polo Consello da Cultura Galega.

A primeira xornada do festival comeza ás 20.30 horas, no Instituto Feiral de Vigo, co concerto da actriz, cantante e presentadora Teté Delgado, xunto co seu grupo: "Teté y los Ciclones". Continúa a noite coa actuación do actor e humorista Carlos Blanco, que estará acompañado polo gaiteiro Budiño, nunha nova faceta como disckjockey co seu espectáculo "Budiño Dj: Ilalelo!".

Finalmente, chegará o concerto máis esperado por todos os siareiros das orquestras de Galicia, o da Orquestra Panorama, que desplegará o seu escenario xigante, de máis de catorce metros de alto, e o seu espectáculo titlado "A xira do sol", que está chamado a ser o gran éxito deste verano. Na actuación, comezan cun montaxe acrobático, coa participación de trapecistas, que semella o recoñecido espectáculo do "Circo do Sol".

A montaxe da orquestra Panorama mobilizará no IFEVI cinco camións tráilers de quince metros de longo, que despregarán o seu espectacular escenario. Os traballos de montaxe e desmontaxe supoñen unha complexa operación loxística, que poucas veces é posible ver en concertos das grandes xiras nacionais de grupos de pop e rock.

Outro tanto acontece con a maioría das orquestras que estarán en Verbenalia, como París de Noia ou Olympus, que inclúen nas súas montaxes pantallas xigantes led, efectos especiais, pirotecnia, plataformas móbiles e adiantos difíciles de ver en concertos de grupos convencionais.

No mesmo senso, a potencia e calidade de son e os equipos de iluminación das orquestras de Verbenalia están moi por riba de calquera xira á que o espectador está acostumado. Hai quen di, non sen razón, que moitos temas soan mellor na versión das orquestras que interpretados en directo polos artistas orixinais.
Descargar todas as imaxes

Máis información