Escoitar

O Concello inicia a contratación do servizo de socorrismo en dez praias de Vigo

Tras a celebración da Xunta de Goberno Local, o alcalde deu conta da aprobación do expediente de contratación do servizo de salvamento e socorrismo para dez praias de Vigo, un acordo por dous anos que sitúa á cidade olívica "en posición de pedir un número moi elevado de bandeiras azuis". O orzamento anual ascende a 235.818 euros.

venres, 13 abr 2012
1334317648praia.JPG
Abel Caballero informou da apertura do procedemento administrativa para a licitación deste servizo que atenderá inicialmente aos areais de A Punta, Tombo do Gato, Argazada, Samil, O Vao, Fontaíña, Canido, Fortiñón (Saiáns), Rodas e Figueiras, estas dous últimas en Cíes.

"Trátase de darlle o servizo de socorrismo a dez praias" de Vigo, explicou o rexedor vigués, o que sitúa á cidade "en posición de pedir un número moi elevado de bandeiras azuis", para as que o salvamento e socorrismo é "condición indispensable".

Bolsas de inglés
O alcalde explicou que o goberno local tamén aprobou a concesión de 315 bolsas de inglés para que os estudiantes vigueses poidan aprender o idioma en Inglaterra e Irlanda, cun orzamento de 775.000 euros. A este número de prazas sumarase, segundo apuntou Caballero, outras 100 bolsas para o alumnado da Escola Oficial de Idiomas de Vigo. Recordou o rexedor que, desde a súa chegada ao Concello, 1.430 estudantes beneficiáronse do programa municipal de estudos no estranxeiro.
Descargar todas as imaxes