Escoitar

Obradoiro "Fai un títere" no Verbum

O sábado 14 de abril, en horario de 17 a 20 horas, con entrada gratuíta e para nenos a partir de 6 anos, o museo Verbum - Casa das Palabras organiza o obradoiro "Fai un Títere" que desenvolve a compañía Tanxarina en colaboración con Normalización Lingüística.

venres, 13 abr 2012
1334318774faiuntitere.jpg
Unha actividade lúdica e nada complicada que ademais de achegarnos ao mundo dos títeres, pretende ensinar a elaborar xoguetes e desenvolver a capacidade creativa. Con materiais e elementos sinxelos: bolas de cortiza e porexpan, anacos de tea, las, etiquetas adhesivas... ¡imos construír un títere de variñas!

É preciso inscribirse no propio museo a partir do martes 10 de abril ás 10 da mañá. Hai 25 prazas (cada praza estará composta por un neno e un titor).
Descargar todas as imaxes