Imposto de vehículos de tracción mecánica 2012 <br /> <br />
Por resolución da concelleira delegada de economía e facenda do Concello de Vigo de data 30 de marzo do 2012, sinálase o período voluntario de cobranza do:IMPOSTO VEHÍCULOS TRACCIÓN MECÁNICA CORRESPONDENTE AO EXERCICIO 2012. Período de cobranza:do 2 de abril de 2012 ao 5 de xuño do 2012, ambos os dous incluídos.<br />
Forma de pagamento:Os/as contribuíntes que reciban no seu domicilio fiscal un aviso de pagamento para tal fin, poderán efectuar o ingreso por algún dos seguintes medios:
- A través de internet, mediante tarxeta de crédito ou débito, dende a páxina web do Concello de Vigo (www.vigo.org), pulsando na pestana "trámites mais comúns", opción "pagamento de recibos". Este servicio será totalmente gratuíto para os usuarios, calquera que sexa a entidade financeira emisora da tarxeta coa que se efectúa o aboamento.
- Nos caixeiros automáticos das entidades financeiras colaboradoras na recadación municipal que teñan habilitada esta opción.
- En calquera oficina das seguintes entidades colaboradoras na recadación:
NOVAGALICIA BANCO
LA CAIXA
BANKIA (CAJA MADRID)
BBVA
BARCLAYS BANK
BANCO PASTOR
CAJA ESPAÑA
BANCO SIMEON
CATALUNYACAIXA
BANCO ETCHEVARRÍA
BANCO SABADELL-ATLÁNTICO
IBERCAJA
BANCO DE SANTANDER
CITIBANK
BANESTO
BANCO ESPIRITO SANTO
BANCO GALLEGO
BANCO ZARAGOZANO
BANCO POPULAR
As/os contribuíntes que por calquera causa deixen de recibir o documento de pagamento poderán obter un duplicado a través de internet, dende a páxina web do Concello de Vigo (www.vigo.org), pulsando na pestana "trámites mais comúns", opción "impresión de recibos", ou ben en calquera oficina das entidades LA CAIXA, NOVAGALICIA BANCO,
Rematado o período voluntario, a recadación efectuarase polo procedemento de constrinximento sendo esixibles neste suposto as recargas do período executivo, xuros de mora e costas do procedemento (artigo 161 LXT).
N O T A I N F O R M A T I V A
Normas de procedemento para o ingreso dos tributos municipais de cobro periódico e notificación colectiva do Concello de Vigo no presente exercicio:
1º.- O Concello remitirá aos domicilios fiscais dos contribuíntes un aviso de pagamento co que se poderá facer o ingreso en calquera entidade de depósito colaboradora na recadación municipal (a práctica totalidade das mesmas), na oficina da entidade de depósito sita no interior da Casa Consistorial, ou ben nos caixeiros automáticos das entidades financeiras colaboradoras na recadación municipal que teñan habilitada esta opción, ata a data límite de ingreso que se sinala naquel, no horario de caixa establecido por cada entidade para o pagamento dos recibos non domiciliados.
2º.- O ingreso tamén poderá efectuarse a través de INTERNET, mediante tarxeta de crédito ou débito, dende a páxina web do Concello de Vigo (www.vigo.org), pulsando na pestana "trámites mais comúns", opción "pagamento de recibos". Este servicio será totalmente gratuíto para os usuarios, calquera que sexa a entidade financeira emisora da tarxeta coa que se efectúa o aboamento.
3º.- As/os contribuíntes que teñan domiciliado o tributo non recibirán o documento de pagamento, cargándoselles na conta indicada o importe correspondente o último día do período voluntario. As devolucións que se produzan causarán baixa automaticamente no ficheiro xeral de domiciliacións do Concello para exercicios sucesivos.
4º.- As/os contribuíntes que tiveran os seus tributos domiciliados e aínda así reciban nos seus domicilios o documento de pagamento, será porque a domiciliación é incorrecta. Deberán entregar o xogo de documentos na entidade bancaria que o tratará como un cobro de ventá sen prexuízo de que, unha vez asinada a autorización, sexa informatizada a citada domiciliación para exercicios posteriores.
5º-. As/os contribuíntes que por calquera causa deixen de recibir o documento de pagamento poderán obter un duplicado a través de internet, dende a páxina web do Concello de Vigo (www.vigo.org), pulsando na pestana "trámites mais comúns", opción "impresión de recibos", ou ben en calquera oficina das entidades LA CAIXA ou NOVAGALICIA BANCO.