O alcalde subliña que a Vigo Convention Bureau reduce un 15% o seu orzamento sen disminuir actividades
O alcalde e presidente do Padroado da Fundación Vigo Convention Bureau informou hoxe venres de que os membros do mesmo acordaron rebaixar un 15% o orzamento deste ano, unha "austeridade" que non significará "ningunha disminución das actividades". A Fundación adicarase á promoción de Peinador e da cidade como destino de congresos.
Abel Caballero indicou que as dúas decisións adoptadas hoxe pasan pola aprobación dos orzamentos cunha reducción aproximada do 15% e a definición das accións prioritarias da entidade para o ano vixente.
O rexedor vigués apuntou que esta "austeridade" non significará "ningunha disminución das actividades", polo que a Vigo Convention Bureau adicarase á combinación das entidades turísticas privadas e públicas, á promoción do aeroporto de Vigo, da cidade como destino de congresos e de feiras nacionais e internacionais, a traer profesionais do turismo a Vigo nun radio de entre 300 e 800 quilómetros, a asesorar aos socios e a establecer rutas turísticas para congresistas nos ámbitos industrial, náutico e natural.
Descargar todas as imaxes