Manel Fernández di que o Campionato de España sub 13 e sub 17, en Balaídos, "é un recoñecemento ao traballo do Vigo Squash" <br />
O Vigo Squash organiza dende hoxe ata o domingo, cando se xogarán as finais ás 9:00 e 11:00 horas, o Campionato de España de categoría sub 13 e sub 17. Será nas seis pistas de Balaídos e desde a Concellaría de Deportes existe todo o apoio ao evento.<br />
"Estamos moi ilusionados por seguir traendo eventos de nivel á cidade que fomentan o deporte de base; aínda en tempos de crises, estas iniciativas teñen todo o noso apoio", sinalou o concelleiro de Deportes, Manel Fernández, que considera que "estes campionatos supón un recoñecemento ao traballo do club organizador".
O campionato conta con inscritos de nove comunidades autónomas (Galicia, Cataluña, Canarias, Madrid, Castela-León, Murcia, Valencia, Baleares e Andalucía), e dos 80 inscritos dous terzos son de categoría masculina, e trae a Vigo a unhas 150 persoas entre deportistas, técnicos, directivos e acompañantes.
Con este campionato o club que preside Carlos Dafonte xa conseguiu organizar nun período de catro anos todos os torneos nacionais de categorías basee (sub 11, sub 13, sub 15, sub 17, sub 19 e sub 23). Ademais, tamén se trouxo para a cidade a organización da Copa de España absoluta (2009) e o Campionato de España de seleccións autonómicas (2010), sempre en Balaídos.
Con este logro o Vigo Squash pode presumir de ser o único club de Vigo que logrou traer todos os eventos nacionais de base nun deporte no que ademais Galicia é potencia.
A nivel deportivo, Cío García (Vigo Squash) é favorito en categoría sub 13 masculina e cabeza de serie número 1, mentres que dúas xogadoras do Club Ría de Vigo, as irmás Pereira (María é sub 13 e favorita número 3 e Marta é sub 17 e segunda favorita do cadro) teñen as súas opcións aínda que a canaria María González e a murciana Cristina Gómez, internacional, son as cabezas de serie das súas respectivas idades. No sorteo sub 17 masculino, Igor Vilariño (Squash Pontevedra) é o favorito.
O Vigo Squash conta "coa maior escola de nenos e nenas de toda España (70 alumnos e alumnas) grazas ao convenio entre a Federación Galega de Squash e o IMD", segundo asegurou Andrés García, directivo do club, que na presentación do evento no Concello estivo acompañado por Luís Varela, vicepresidente da Galega.
Descargar todas as imaxes