Escoitar

Relatorio sobre o "Real Decreto 1620/2011: información básica e necesaria para as empregadas do fogar"

No seo da programación que organiza a Concellería de Igualdade, a Casa das Mulleres, acolle este venres, 13 de abril, ás 20.00h un relatorio sobre o "Real Decreto 1620/2011: información básica e necesaria para as empregadas do fogar". Nesta charla explicarase os novos cambio lexislativos , os dereitos que entran en vigor e aclararanse dúbidas por parte de Teresa Rodríguez e Mercedes Andrade, integrantes da asociación "Xiara" (Plataforma pola dignificación do emprego do fogar).

xoves, 12 abr 2012
Tamén visualizarase a curtametraxe "Esquecidas", realizada pola propia asociación que conta con cinco testemuñas reais de empregadas domésticas.

Entrada libre. Aforo limitado