Escoitar

Presentación en Vigo da película Vilamor de Ignaco Vilar

A concellería de Cultura e Festas no marco das políticas de apoio ás iniciativas ao cine, colabora na presentación en Vigo da película Vilamor de Ignaco Vilar que terá lugar o xoves, día 12 de abril, ás 20 horas nos cines do Centro Comercial Gran Vía.

mércores, 11 abr 2012
1334146435vilamorcartel.jpg
A historia de Vilamor está inspirada na comuna real que se instalou nos anos 70 nas montañas de Lugo, e que aínda continúa activa. A rodaxe realizouse en febreiro e no verán de 2011 nos mesmos lugares onde se instalou a comuna orixinal (Negueira de Muñiz) e noutros concellos da zona como A Fonsagrada e Cervantes (Lugo), Grandas de Salime e Santa Eulalia de Oscos (Asturias). A versión orixinal está en galego, usando a maioría dos personaxes unha variante dialectal da nosa lingua pouco coñecida e propia desta zona.
Descargar todas as imaxes