Escoitar

Exposición sobre "Os ilustradores galegos. 1880-1936"

A Biblioteca Xosé Neira Vilas exhibe unha compilación da obra gráfica dos/as ilustradores/as galegos/as dende 1880 ata 1936. O obxecto da mesma é dar a coñecer a importancia dos libros como soporte da actividade artística, así como valorar os distintos estilos que se dan cita en Galicia no período histórico sinalado.

martes, 10 abr 2012
1333974282ilustradores.jpg
Nas cubertas e páxinas interiores do libros que saen das editoriais e imprentas espalladas por Galicia recóllese a actividade de artistas tan recoñecidos como Maside, Seoane, Colmeiro, Castelao, Díaz Baliño, etc. E daqueles que aínda que no seu momento non viviron da súa arte, son hoxe merecentes de recoñecemento, como Ignacio Senra, Carmelo, Vidales Tomé ou Ramón Pernas.

A mostra inclúe tamén paneis adicados ás editoriais de referencia para o libro en Galicia, das que saen moitos dos libros desta exposición.
Descargar todas as imaxes