Escoitar

O alcalde asegura que o Concello é a única administración que realiza en Vigo plans directos de creación de emprego

O programa municipal Vigo Emprega pechou o prazo de solicitudes, que hoxe cifrou Abel Caballero en 4.500 peticións para un total de 103 postos de traballos de 12 meses, con formación retribuída. Tras este, o alcalde adiantou que o goberno local dará continuidade aos plans de creación directa de emprego ata chegar aos 5 millóns orzamentados este ano ao efecto.

martes, 10 abr 2012
1334059049Imagen010.jpg
Abel Caballero recordou que o programa municipal Vigo Emprega ten un orzamento de dous millóns de euros e dará formación e retribución a 103 persoas durante 12 meses.

Nos seus orzamentos para 2012 -aprobados inicialmente polo Pleno da Corporación-, o Concello de Vigo adica máis de 5 millóns de euros para emprego, cantidade na que se cargarán as futuras iniciativas municipais de xeración directa de postos de traballo.

Segundo subliñou Caballero, o Concello de Vigo é a única administración que realiza programas directos de creación de emprego na cidade, o que non fan nin a Deputación de Pontevedra nin a Xunta de Galicia, pese a ter esta última as competencias e o financiamento delegados do Goberno de España.
Descargar todas as imaxes