O Concello cooperará co rali de coches clásicos Costa Atlántica Classic, que partiría de Vigo
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, reuníuse hoxe mércores co presidente do Rali Internacional Costa Atlántica Classic, Rafael Cid, unha cita do motor en Galicia para coches clásicos que, de celebrarse finalmente, partirá da cidade olívica o vindeiro 5 de xuño, na que será a súa novena edición.
A falta de concretar a celebración da proba pola organización, a mesma estima o número de participantes entre 20 e 35 vehículos, nunha proba de regularidade -que alongaríase durante catro días, ata o próximo 8 de xuño- reservada a vehículos clásicos, datados entre 1945 e 1985.
Abel Caballero subliñou que é unha "actividade de turismo de alta calidade que nos agrada e co que seguramente cooperaremos" de ter lugar.
Descargar todas as imaxes
Abel Caballero subliñou que é unha "actividade de turismo de alta calidade que nos agrada e co que seguramente cooperaremos" de ter lugar.