Escoitar

O alcalde pide a Xunta e Deputación que adiquen 5 millóns a xeración de emprego en Vigo

Abel Caballero reclamou este martes que a Xunta de Galicia e a Deputación de Pontevedra destinen a mesma cantidade que o Concello de Vigo a xeración de emprego na cidade. O alcalde apuntou que o programa municipal Vigo Emprega, que actualmente está en prazo de inscripción dos solicitantes, creará 102 empregos dun ano de duración.

martes, 3 abr 2012
1333453020alcalde2.jpg
Caballero afirmou que son "centos" os solicitantes que están a inscribirse no Vigo Emprega, un programa de xeración de emprego sufragado íntegramente polo Concello co obxectivo de dar formación e un posto de traballo durante 12 meses a 102 persoas con escasa cualificación e dificultades de inserción laboral.

O alcalde aseverou que estes traballadores serán formados nas propias obras municipais, co que colaborarán no embelecemento e mellora da cidade. Engadiu Caballero que, unha vez rematado o ano de formación e traballo, o Concello adquire cos participantes o compromiso de orientalos na consecución dun posto de traballo.

Abel Caballero reclamou á Xunta de Galicia e á Deputación de Pontevedra que adiquen os mesmos recursos que o Concello na xeración de emprego en Vigo. Os orzamentos municipais para 2012 -recentemente aprobados polo Pleno en sesión incial- reservan 5 millóns de euros para creación directa de emprego.
Descargar todas as imaxes