180 nenos participan nas actividades municipais de tempo libre durante a Semana Santa
O alcalde de Vigo cifrou esta mañá en 180 os nenos e nenas que participan nalgún dos programas que as concellerías de Medio Ambiente e Xuventude organizan durante a Semana Santa. Para os máis pequenos, Vigozoo e as ludotecas municipais son as principais opcións, mentres que 100 adultos e 30 menores participan en actividades mediambientais nas Illas Cíes.
O Concello de Vigo pon en marcha durante Semana Santa actividades de ocio nos que participan uns 180 nenos e nenas distribuídos en talleres que se desenvolven en Vigozoo ou nas ludotecas de Casa da Xuventude e o Pavillón de Coia. Así o explicou esta mañá o rexedor, quen engadiu que a estas iniciativas do departamento de Xuventude, hai que sumar as organizadas desde Medio Ambiente no parque das Illas Cíes.
Durante esta semana serán 100 adultos e 30 menores acompañados os que cooperen para manter activo o patrimonio medioambiental do Parque Nacional. A Concellería de Medio Ambiente organiza, en dúas tandas, entre o 31 de marzo e o 8 de abril, talleres de voluntariado medioambiental que traballan na retirada de especies alóctonas, limpeza de praias e iniciativas de interpretación mediambiental.
Apoio as Fragas do Eume
Caballero quixo enfatizar o traballo voluntario que se ven desenvolvendo nas Cïes "nun momento triste no que acaban de queimar as Fragas do Eume". Ofreceu as afectados "toda a nosa cooperación en todo aquelo que poideran precisar, teñen a nosa man tendida", apuntou.
Descargar todas as imaxes