Escoitar

O goberno municipal cooperará na organización do día Das Letras Galegas coa Real Academia Galega da Lingua

O alcalde de Vigo avanzou esta mañá que o Concello "cooperará" coa organización día das Letras Galegas, que este ano se celebra en Vigo e rende homenaxe ao vigués Valentín Paz Andrade. Así o dixo logo de manter un encontro cos responsables da Real Academia Galega da Lingua.

martes, 3 abr 2012
1333453445rag.jpg
O Concello de Vigo "dará toda a cooperación" a Real Academia da Lingua Galega para organizar a celebración do día das Letras Galegas que este ano ten lugar en Vigo xa que rende homenaxe a Valentín Paz Andrade. Así llo transmitiu esta mañá ao presidente e secretario da Real Academia, Xosé Luis Méndez Ferrín e Xosé Luis Axeitos, respectivamente, nunha reunión na que tamén estivo presente o fillo do homenaxeado, Alfonso Paz Andrade

Caballero avanzou o ánimo de colaboración do Concello de Vigo para que o acto de celebración do 17 de maio sexa "da importancia que require o propio día das Letras" e, sobre todo, insistiu, teña en conta á persoa a que se adica este ano, Valentín Paz Andrade, "quen forma parte activa do viguismo galaico máis activo que traballou desde a empresa, a economía, a cultura e o folklore para levar un proxecto de modernización a toda Galicia. Rematou "destacando o acerto da Real Academia" ao recoñecer ao homenaxeado desta edición.
Descargar todas as imaxes