Escoitar

O goberno de Vigo plantexa ampliar ao Berbés o plan de rehabilitación do Consorcio do Casco Vello

A primeira tenente de alcalde e concelleira de Urbanismo, Carmela Silva, propuxo esta mañá ampliar o ámbito de actuación do Consorcio -participado polas administracións local e autonómica- priorizando a fachada do Berbés, unha vez remodelación da parte alta da zona histórica viguesa encara a súa finalización.

luns, 2 abr 2012
1333367640carmela.JPG
O Concello de Vigo levou este luns á reunión do Consorcio do Casco Vello a "necesidade e urxencia" de ampliar o seu ámbito de actuación, priorizando a rehabilitación da fachada do Berbés.

Unha vez que a zona alta da zona histórica encara o remate da súa remodelación, o goberno local ve necesario estudar novos espazos onde continuar a rehabilitación, entre as que prioriza o Berbés. Carmela Silva revelou que algúns propietarios desta praza xa manifestaron ao Concello e ao Consorcio a súa vontade de vender e adiantou que será preciso recorrer á expropiación forzosa en tres parcelas, por ser de ámbito dotacional público.

Os integrantes do Consorcio do Casco Vello, tal e como explicou a concelleira, acordaron estudar a sinatura dun convenio bilateral entre a Xunta de Galicia e o Concello de Vigo, dentro da propia entidade, para ampliar as actuacións e centralas no Berbés, onde reside "unha das demandas máis importantes de rehabilitación" da cidadanía de Vigo.

Reconquista
Tanto a concelleira de Urbanismo como o alcalde de Vigo vencellaron hoxe esta proposta ao "éxito" de participación da Festa da Reconquista, na que o goberno vigués amosou "a nosa vocación de cooperación".

Abel Caballero recordou que o apoio institucional á festa é "prácticamente exclusivo" do Concello de Vigo, cunha aportación superior aos 100.000 euros, e invitou a sumarse á Deputación de Pontevedra -que non achega recursos- e á Xunta de Galicia -que adicou este ano 3.000 euros-.
Descargar todas as imaxes