Escoitar
ANUNCIO URBANISMO

NFORMACIÓN PÚBLICA EXPEDIENTE DE PETICIÓN DE AUTORIZACIÓN AUTONÓMICA EN SOLO CON RÉXIME URBANÍSTICO DE RÚSTICO

venres, 30 mar 2012
Conforme ao previsto no artigo 41º.2.b) da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, sométese a información pública, mediante a inserción deste anuncio nun dos xornais de maior difusión do municipio e no taboleiro de anuncios da Xerencia Municipal de Urbanismo do Concello de Vigo, durante o prazo de 20 DÍAS HÁBILES, que contan dende o seguinte ao da publicación do anuncio no xornal, o expediente núm. 74590/421, iniciado a instancia da Comunidade de Montes Veciñais en man común de Coruxo, polo que solicita autorización autonómica para a construción dun muro, movementos de terra e acondicionamento dunha parcela para depósito de Biomasa na parte central de Chan de Lagoas, en solo con réxime urbanístico de rústico de protección forestal no PXOM vixente, con aprobación definitiva parcial mediante Orde da Consellería de Política territorial, Obras Públicas e Transportes da Xunta de Galicia de data 16/05/08 (anuncio publicado no DOG do 3/06/08 e normativa publicada no BOP nº 151-Anexo de data 6/08/08) e aprobación definitiva mediante Orde do Conselleiro de Medio ambiente, Territorio e Infraestruturas de data 13/07/09 (anuncio publicado no DOGA do 24/07/09 e normativa publicada no BOP do 10/09/09).

Durante este prazo calquera interesado/a e público en xeral poderán facer as exposicións ou alegacións que estimen procedentes.

O expediente está ao dispor do público e pódese consultar durante as horas de información ao público (de 9:00 a 13:30 h) no Rexistro da Xerencia Municipal de Urbanismo do Concello de Vigo (planta baixa do edificio da Xerencia, situado na praza do Rei en Vigo).