Escoitar

Primeiro congreso internacional de danza "Dance in Vigo"

A Asociación de Danza- ADEIXA , con sede en Vila Nova de Cerveira-Portugal, entidade que tamén creou e organiza o maior festival de danza de Portugal (DANCERVEIRA), organiza en Vigo o 1º Congreso Internacional de Danza "DANCE IN VIGO", que conta co apoio do Concello de Vigo.Este evento celebrarase os días 30 e 31 de marzo no auditorio Mar de Vigo, coa participación de máis de 500 bailaríns e 16 Escolas de Danza de Portugal e España.

martes, 27 mar 2012
1332846960dac.jpg
As Escolas son: ADEIXA Dance School, Academía de Dança Rosalía Ferreira, Asociación de Danza de Gondomar, Bodhiplace, Candeán e San Xoan, Conservatorio e Escola de Música e Danza Montserrat Caballé, DSD-David San Dancers, Escola Flash Dance, Escola de Danza de Inés Nuñez, Escola de Danza Miriam Piñeiro, Factory Dance Academia de Danza, Lampadinha-Academía de Dança, Margarita Outeiral, Media Punta, New-Era Dance & Fitness e Suso Pérez Lago.

Durante estos dous días, os bailaríns realizarán talleres de Danza nos estilos de:

Hip-Hop, impartido por Jandro Martinez (finalista do Programa Televisivo Fama a
Bailar e actualmente profesor e bailarín en Londres) e Carlos Neto (Coreógrafo en
Pinapple Dance Estudos, coreográfo do artista George Sampson, coreógrafo do artista
ruso Sergey Lazarev, coreógrafo do Britain's Got Talent Bailarín para a tourne mundial
BLAZE THE STREET DANCE SHOW, bailarín do cast principal do weste show SOME
LIKE IT HIP HOP).

Jazz, impartido por Clara Muñoz (profesora e coreografa en Madrid, traballou como
bailarina e asistente de coreografía en númerosos programas televisivos como Risas e
Estrelas, Noite de Festa ... en producións de Teatro Musical como My Fair Lady,
Memory, Queen.... e en diversos eventos talles como Publicidade, Galas ....tendo a
oportunidade de traballar con coreógrafos de gran talla nacional e internacional)

O venres día 30 haberá unha actuación pública na rúa do Príncipe ao redor das 20:00 h.

O sábado día 31 celebrarase a competición, que repartirá máis de 2.000 € en premios e que
se destina a grupos con máis de 6 elementos divididos por niveis e estilos de Danza, Hip-Hop,
Jazz, Contemporáneo, Neoclásico e Fusión. Ademáis do 1º e 2º clasificado de cada estilo,
haberá 7 premios máis: Mellor Escola, Mellor Grupo, Mellor Bailarín (Baby, Kids, Teens e
Major) e Mellor Coreógrafo.

Serán tamén distribuídos Premios de Mérito: Escola máis Sociable; Escola ou grupo
Revelación; Escola máis Versátil; Coreografía máis Creativa; Coreografía participación do
público máis emotiva e máis alegre; Mellor Vestiario; Vestiario máis orixinal e Escola con
maior número de participantes.

O xurado DANCE IN VIGO está composto por nomes de basto curriculum no mundo da
Danza e representantes de España e Portugal: Juan Moredo, Clara Muñoz e Carlos Neto

A 1ª semifinal terá lugar ás 10:00 h, a 2ª semifinal ás 14:00 h e a Final, que contará coa
presentación especial do bailarín vigués Jandro Martinez, ás 19:00 h.

As entradas poderán adquirirse o propio día do evento no despacho de billetes do Auditorio
MAR DE VIGO; o prezo dos mesmos é de 8 € para as semifinais e 10 € para a Final.
Descargar todas as imaxes