Escoitar

O Concello organiza 16 concertos na VII edición do Festival de Música Sacra

A concelleira de Cultura e Festas, Isaura Abelairas, presentou na mañá deste martes o programa do que será a sétima edición do Festival coral de Música Sacra, que este ano conta con 16 concertos a cargo de 20 corais da cidade.

martes, 27 mar 2012
1332849716isaura.jpg
O programa da sétima edición do Festival de Música Sacra programa ata o próximo 14 de abril un total de 16 concertos a cargo de vinte corais da cidade. Nesta ocasión, explicou en rolda de prensa a concelleira de Cultura, Isaura Abelairas, inclúese a actuación do Coro de Cámara Gliappassionati e, unha vez máis, os escenarios escollidos serán principalmente lugares tan excepcionais como as igrexas románicas e parroquias da nosa cidade.

Este certame musical cumpre o sétimo aniversario na cidade, a pesares dos obrigados axustes orzamentarios, e volve encher Vigo de música sacra e espiritual das máis diversas confesións e culturas do mundo, enfocado na maioría das creencias, prensamentos e reflexións. Este ciclo está dentro do convenio que o Concello ten asinado con ACOPOVI (Asociación de Corais Polifónicas de Vigo) cun valor de 25.000 euros.

Ao longo do festival, interpretaránse, acompañadas nalgún dos casos de órgano e piano, composicións tan importantes como Palestrina, Tomás Luís de Victoria, Telemann, Bach, Haendel, Mozart, Schubert ou Rachmaninov; pero si algo é reseñable netes programas é a interpretación de composicións destinadas ao xénero específico da misa, coas interpretacións da misa galega na honra do Apóstolo Santiago do compositor galego Xoán Montes inmortalmente coñecido por páxinas musicais como Negra Sombra ou a alborada galega, premiada en Vigo en 1888, a misa do compositor galego Antonio Paz Valverde, e outras misas de Antonio Lotti e Haydn, xunto co Magnificat de Pergolesi.

Na rolda de prensa de presentación, a concelleira estivo acompañada por Enrique Lorenzo, presidente da Asociación de Corais Polifónicas de Vigo.
Descargar todas as imaxes