O Concello estudará medidas para que o aparcadoiro da Praza de Portugal sexa para residentes
A moción presentada polo Partido Popular, e enmendada logo polos nacionalistas, saíu adiante este luns co respaldo da unanimidade dos edís municipais. O acordo adoptado insta ao goberno local a que, "logo de realizados os estudos oportunos", se adopten medidas para que este céntrico estacionamento soterrado poida ser destinado aos residentes da zona.
No texto presentado, o grupo municipal do PP afirma descoñecer, unha vez rematada a concesión na devandita instalación, quén e en qué condicións estase a xestionar o servizo, reclamando unha solución que pasaría por adicar o estacionamento aos residentes.
Os nacionalistas enmendaron a proposta durante a sesión cambiando o acordo proposto para reclamar a elaboración previa dos estudos oportunos para que o estacionamento poida cumplir esta función.
Os nacionalistas enmendaron a proposta durante a sesión cambiando o acordo proposto para reclamar a elaboración previa dos estudos oportunos para que o estacionamento poida cumplir esta función.