Escoitar

O Pleno insta á Xunta a resolver "con axilidade" as axudas do Risga e de emerxencia social

Os votos de socialistas e nacionalistas deron luz verde a unha moción do PSdeG que solicita á Xunta resolver "con axilidade" as axudas destiñadas a afrontar necesidades básicas das familias que xa esgotaron as prestacións do Inem. No texto aprobado lémbrase que a administración autonómica ten pendente de resolución 1.020 Risgas e 970 axudas de emerxencia social que foron enviadas coa aprobación do Concello de Vigo o pasado mes de novembro.

luns, 26 mar 2012
PSOE e BNG uniron no Pleno desta mañá os seus votos para instar á Xunta a que resolva "con axilidade" as axudas do Risga (Renda de Inclusión Social de Galicia) e Axudas de Emerxencia Social que a administración autonómica ten pendentes de conceder desde o pasado mes de novembro. Unha moción do PsdeG-PSOE lembra que o Concello de Vigo aprobou e enviou á administración autonómica para súa concesión 1.020 Risgas e 970 Axudas de emerxencia social, unhas prestacións básicas para afrontar necesidades básicas das familias que xa esgotaron todas as prestacións do Inem e se atopan nunha situación dramática.

O texto defendido pola socialista Isaura Abelairas insta á Xunta de Galicia a que teña en conta o esforzo que se está a realizar desde os Concellos -administracións máis cercanas aos cidadáns- e o aumento das demandas que estes reciben. Nesta liña, exise que, cando menos, manteña a finanzamento que estaba a prestar ás entidades locais no ano 2010. Outra das peticións da moción pasa por solicitar á administración autonómica que aumente os cartos destas partidas para que "ningunha familia galega estea sen axuda básica nesta situación tan complicada economicamente".

Por último, a moción aprobada propón que se poñan en marcha todas medidas necesarias para mellorar estes procesos, así como a dotación dos recursos precisos para dar resposta a todas as demandas.