Escoitar

Vigo é o primeiro e único concello de España que aplica a licitación electrónica

Tras a celebración da Xunta de Goberno Local, Abel Caballero informou do contrato asinado con Vortal para implantar no Concello a licitación electrónica, un procedemento que aporta un "resultado de aforro e transparencia notable", en verbas do alcalde, e que leva un ano en funcionamento. O alcalde ofreceu "cooperación técnica" a aquelas administracións que queiran implantalo.

venres, 23 mar 2012
1332506526casadoconcello.jpg
Abel Caballero informou dos asuntos abordados hoxe venres na Xunta de Goberno Local, entre os que subliñou o procedemento de licitación electrónica que o Concello vigués ven aplicando desde hai un ano.

"Neste momento", apuntou o alcalde, "o Concello realiza a totalidade das súas licitacións e contratacións por vía electrónica, somos o primer e único concello en España que ten este procedemento en marcha".

Caballero ofreceu "cooperación técnica" a aquelas administracións que desexen implantalo -singularmente a Madrid e á Xunta de Galicia, quenes traballan para incorporalo- porque produce un "aforro moi importante" que a administración local estima nun millón de euros, tanto para o propio Concello como para as empresas.

O Concello de Vigo dispón así dun acceso sinxelo ás contratacións públicas é ofrece "garantía de publicidade total e absoluta", cun "resultado de aforro e transparencia absolutamente notable", ratificou Caballero. Existe ademais unha central telefónica para resolver dúbidas ou ampliar información ás empresas que opten ás adxudicacións.

"Estamos á vanguardia dos concellos e tamén das comunidades autónomas", referíuse o primeiro edil sobre a licitación electrónica, implantada no municipio vigués hai un ano.
Descargar todas as imaxes