Escoitar

Conferencia da escritora Carmen Riera

A concelleira de Igualdade Chus Lago presenta á escritora Carmen Riera que intervirá co relatorio "Romperemos algún día o teito de cristal?" o venres 23 de marzo ás 20 h no Centro Social NovaGaliciaBanco. Esta actividade forma parte da programación mensual da Concellería de Igualdade co gallo do Día Internacional da Muller. Riera participará tamén no almorzo litetario do sábado, 24 ás 10.30 horas no Centro de Documentación é Recursos Feministas.

xoves, 22 mar 2012
1332416262carmenriera.jpg
Carme Riera, escolleu como título da conferencia a referencia do "teito de cristal", expresión utilizada en diversos idiomas para aludir ao feito de que pese a ser o 52% do xénero humano, son moitas as mulleres que non conseguen sobrepasar ese teito que as mantén aprisionadas.
A escitora centrarase na actual situación da muller, examinando aqueles aspectos que nos mostran a discriminación e a desigualdade.

A súa traxectoria profesional

Carme Riera é catedrática de Literatura Española na Universidade Autónoma de Barcelona e autora de contos e novelas en lengua catalana.

No 1975 deuse a coñecer co libro de relatos Te deix, amor, la mar com a penyora (Te dejo, amor, en prenda el mar) do que se fixeron mais de trinta e cinco edicións e que supuxo a expresión dunha nova sensibilidade na literatura catalana de posguerra.

A esta obra seguiron, entre outras, Jo pos per testimoni les gavines (1977, Pongo las gaviotas por testigo), Una Primavera per a Domenico Guarini (1980, Premio Prudenci Bertrana), Qüestió d´amor propi (1987, Cuestión de amor propio), Joc de miralls (1991, Premio Ramon LLull, Por persona interpuesta), Contra l´amor en companyia (1991, Contra el amor en compañía). A súa novela Dins el darrer blau (1994, En el último azul,Alfaguara,1995), obtivo o Premio Nacional de Narrativa no 1995, concedido por primeira vez a unha obra en lingua catalana. Ademais dos premios Josep Pla, Creixells, la Lletra d´or que otorga a crítica ao mellor libro do ano en catalán e o Premio Internacional Vittorini.

No 1998 apareceu Temps d´una espera (Tiempo de espera, Lumen,1999) unha reflexión sobre o embarazo e a maternidade. A novela, Cap al cel obert, Por el cielo y más allá , 2001 (Alfaguara), foi galardonada co Premio da Crítica Catalana, otorgado pola revista Serra d' Or e co Premio Nacional de Literatura da Generalitat de Catalunya. No 2004 se lle concede o Premio Sant Jordi, o máis prestixioso das letras catalanas á sua novela La meitat de l’ ànima (La mitad del alma) Alfaguara e o Premio Maria Angela Anglada, á mellor obra publicada no 2004. No ano 2006 aparece L’ estiu de l’ anglès (El verano del inglès), no 2009 Amb ulls americans (Con ojos americanos, ed.Bruguera ) e no 2012 Natura quasi morta (Naturaleza casi muerta, Alfaguara) que acaba de aparecer e constitúe a súa primeira contribución ao chamado xénero negro.

A súa obra foi traducida, además do castelán, ao inglés, alemán, grego, italiano, holandés, portugués, eslovaco, hebreo, rumano, turco, árabe, húngaro e ruso.
Tamén traballou sobre a literatura escrita por mulleres adicando estudos e artigos a María de Zayas (na Breve historia feminista da literatura española en lengua castelá,1997), as escritoras da chamada xeración do 70 e en especial a Montserrat Roig.

Intervén en numerosos congresos nacionais e internacionais e dirixiu o Primeiro Congreso Internacional sobre Mulleres e textualidade " Perversas e divinas "artistas, viaxeiras, musas, hetairas, cyborgs e demais... A imaxe da muller no fin de século ", organizado pola Universidade Autónoma de Barcelona.

Descargar todas as imaxes