Comeza o ciclo "Historia das mulleres en Galicia"
No marco das actuacións do IV Plan Integral de Igualdade de Oportunidades de Mulleres e Homes do Concello de Vigo 2009/2012, o Centro de Documentación e Recursos Feministas organiza un ciclo de charlas sobre "A Historia das mulleres en Galicia", obra conxunta de cinco historiadoras galegas sobre o papel da muller desde a prehistoria ata a actualidade.<br />
A entrada ao ciclo será libre ata completar o aforo. As persoas que desexen recibir diploma acreditativo de asistencia deberán realizar unha inscrición previa no Centro de Documentación e Recursos Feministas ou no tfno. 986 229074 e asistir ás catro sesións do ciclo.
PROGRAMA:
.- Prehistoria-Historia antiga, xoves 22 de marzo ás 19,00 h.
Autora/Relatora: Mar Llinares García, profesora titular de Prehistoria da Universidade de Santiago de Compostela
.- Idade Media , sábado 28 de abril ás 11,00 h.
Autora/Relatora: Carmen Pallares Méndez, catedrática de Historia Medieval da Universidade de Santiago de Compostela
.- Idade Moderna, martes, 22 de maio ás 19,00 h.
Autora/Relatora: Ofelia Rey Castelao, catedrática de Historia Moderna na Universidade de Santiago de Compostela
.- Época contemporánea, xoves 7 de xuño ás 19,00 h.
Autora/Relatora: Herminia Pernas Oroza, doutora en historia comtemporánea pola Universidade de Santiago de Compostela
Prehistoria-Historia antiga
O estudo da historia das mulleres da Galicia prehistórica e antiga está marcado por un curioso paradoxo: por unha parte temos un escaso rexistro arqueolóxico que apenas permite vislumbrar as vidas das persoas, e por outra as mulleres da Galicia prerromana aparecen nun lugar moi destacado nas fontes clásicas, nas que representan o antigo estado matriarcal das civilizacións. Combinando o manexo das fontes arqueolóxicas, epigráficas e literarias, a autora traza un percorrido histórico desde os máis humildes fragmentos da Prehistoria ata a análise do movemento priscilianista, no que algúns autores lles outorgan cada vez máis.
Descargar todas as imaxes