O Concello acolleu unha xornada para PEMES coa presenza de grandes multinacionais
Segundo explicou Abel Caballero, o Auditorio municipal de Vigo acolleu este martes a xornada "Impulsando PEMES", na que 21 grandes compañías españolas e internacionais trasladaron en breves ponencias ás pequenas e medianas empresas viguesas a súa experiencia na implantación da entidade. Entre as asistentes figuran ONO, Microsoft, Iberia, HP ou Sanitas, entre outras.
Expertos de 21 compañías multinacionais ofreceron este martes no Auditorio municipal de Vigo conferencias de 10 minutos na que comunicaban a súa experiencia profesional ás pequenas e medianas empresas da cidade.
O obxectivo do evento é mellorar a innovación e a competitividade das PEMES viguesas en base aos coñecementos e a traxectoria de entidades como Adecco, Iberia ou Deutsche Bank, entre outras. O alcalde salientou a "iniciativa" como unha das principais características do tecido socioempresarial vigués.