O Concello prantará gallos do olivo como futuros agasallos institucionais

Cen gallos do olivo centenario do Paseo de Alfonso serán prantados en invernadeiros para que nun futuro "os descendentes desta árbore formen parte da vida institucional da cidade". Así o avanzou o rexedor logo dunha presenciar os traballos de poda que os técnicos recomendan facer para que este símbolo da cidade "viva a lo menos outros cen anos".

martes, 20 mar 2012
1332250448Olivo.JPG
Técnicos municipais acometeron esta mañá os traballos de poda de "alguns gallos ou brotes que non eran moi vigorosos" do olivo do Paseo de Alfonso, sinalou esta mañá o alcalde de Vigo durante unha visita a esta árbore "de máis de 160 anos". O Concello, en verbas do rexedor, vai replantar cen gallos en invernadeiros para que nun futuro "os descendentes do olivo formen parte da vida institucional da cidade", así mesmo, explicou que tamén se procederá a eliminar todos os "chupóns que lle quitan parte da sabia que debe subir polo tronco".

Caballero explicou que en outubro de 2010 realizouse unha análise do estado do olivo da cidade no que se concluía que o exemplar tiña unha estrutura sólida que, aínda que tiña no interior unha pequena podredume, estaba en bo estado de conservación, tendo en conta, ademais, que se trata dun hábitat urbano. Na súa intervención cos medios de comunicación, o primeiro edil lembrou que se trata de un vello olivo que estaba na Colexiata e que se cortou e trasprantou en 1816 e "uns anos máis tarde chegou aquí". Abogou por continuar con traballos de mantemento "moi potentes para que viva ao menos outros cen anos".
Descargar todas as imaxes