Escoitar

Vigo acollerá os actos de peche da Rede Europea de Orquestras Folk

O alcalde, Abel Caballero, presentou este martes o I Festival ENFO, que terá lugar do 5 ao 7 de abril en Vigo, cidade que lidera esta Rede Europea e na que estarán presentes centris de prestixio procedentes de Finlandia, Italia e Escocia. Para Caballero, a implicación da e-Trad e da Fundación Sondeseu neste proxecto, que naceu hai dous anos, significaba a "crónica dun éxito anunciado" e invitou á cidadanía a participar nos actos programados.

martes, 20 mar 2012
1332250595Folk.JPG
Abel Caballero cualificou de "excepcional" este proxecto europeo que Vigo lidera, xurdido hai dous anos da iniciativa municipal co obxectivo de aunar os centros de música tradicional que integran o folk.

A idea parte de Vigo, a través da escola municipal e-Trad e a Fundación Sondeseu, quen consigue aglutinar na Rede Europea de Orquestras Folk (ENFO, na súa denominación en inglés) á Associazione Artemotiva establecida en Turín, á Royal Conservatoire os Scotland e á Sibelius Academy de Helsinki.

Despois de distintas actividades realizadas por Europa, Vigo acollerá do 5 ao 7 de abril a programación de peche deste programa continental, con presenza na rúa, clases maxistrais, obradoiros e concertos no auditorio municipal. O fin de festa celebrarase cun gran espectáculo no Auditorio Mar de Vigo, o sábado día 7 ás 20 horas, coa participación de todas as orquestras integradas na ENFO.
Descargar todas as imaxes