Escoitar

O alcalde anima ás amas de casa de Agarimo a converterse en "prescriptoras" da educación vial

Abel Caballero puxo en valor esta mañá a importancia da educación vial durante a inauguración dun curso que sobre este tema impartiu hoxe mércores a Policía Local de Vigo na sede da asociación Agarimo. O rexedor, acompañado polo concelleiro de Participación Cidadá, Santos Héctor, animou aos membros deste colectivo de amas de casa a converterse en "prescriptores da educación vial".

mércores, 21 mar 2012
1332334759agarimo.jpg
"Hai que tomar conciencia da importancia que ten a educación vial" dixo esta mañá o rexedor durante a inauguración dun curso que esta mañá impartiu a Policía Local de Vigo na sede de Agarimo (Asociación de amas de casa y consumo), un encontro no que aproveitou para pedirlles aos membros deste colectivo que se "convirtan en prescriptores da educación vial" na cidade. Antes de rematar a súa intervención, loubou a actuación da Policía local "da que me sinto moi orgulloso como alcalde" e defendeu o traballo que realizan controlando o tráfico "porque eles cumpren coas súas obrigas".

Ao longo da súa charla, Caballero agradeceu ás responsables da asociación o traballo que fan a favor da cidade e comprometeuse seguir apoiando "na medida do posible" as súa peticións "porque son razoables". Neste punto, indicou que o Concello de Vigo pode seguir aportando axudas a estes colectivos porque "as súas contas están saneadas e a débeda é cero".

Descargar todas as imaxes