Este xoves, o auditorio municipal proxectará o documental " El camino de los sentidos" como parte do proxecto Discamino de Santiago 2012
O Auditorio Municipal acolle o xoves, día 22, ás 21.00 horas a presentación do proxecto DISCAMINO de Santiago. Trátase dunha viaxe á ilusión desde Roncesvalles ata Santiago de Compostela, 800 km en triciclo e cadeira de rodas cun xove xordocego e un neno con parálise cerebral. Proxectarase tamén o documental "El camino de los Sentidos".
O documental "El Camino de los Sentidos", realizado por producións Beloke, narra a vida de Gerardo, un mozo vigués de 31 anos xordocego que conseguiu coa axuda do seu guía e amigo Javier Pitillas facer o Camiño de Santiago desde Roncesvalles a Compostela pedaleando un triciclo tándem dirixido por Javier. O seu novo proxecto, Discamino, unha aventura que o levará a repetir o camiño desde Roncesvalles pero nesta ocasión acompañado ademais de por Javier, por Antonio, un neno cordobés de 13 anos cun 85% de parálise cerebral; o pai de Antonio e Dani, compañeiro de Pitillas que se uniu ao "tándem Gerardo-Javier" para axudalos no día a día e nos diferentes proxectos que poñen en marcha e que, nesta ocasión, fará o camiño en bici normal arrastrando un remolque cos útiles máis necesarios para facer a ruta.
A iniciativa ten como obxectivo mercar dúas bicicletas adaptadas
O proxecto tamén ten como obxectivo a adquisición de dous triciclos DUET (cadeira de rodas máis bicicleta) como o que eles van usar para regalar a ACPACYS, Asociación de Parálisis Cerebral de Córdoba, e a ASPAVI, Asociación de Pais de Discapacitados de Vigo "e que así sexan máis persoas con discapacidade as que teñan a oportunidade de gozar das sensacións da bicicleta aínda que sexa desde o asento dunha cadeira de rodas adaptada", subliña Javier, policía local de Vigo que acompaña a Gerardo desde fai case 17 anos.
A idea é conseguir os fondos precisos a base de doazóns de particulares. Para isto sacaron á "venta" cada un dos 800 quilómetros que van percorrer, así como os monumentos e lugares especiais do Camiño. "Ademais, o propio xoves venderemos rifas para tentar ir recadando fondos que nos permitan comprar estas dúas bicicletas", subliñou Javier, que aproveitou para dar a coñecer o blog http://nuncaserabastante.blogspot.com no que todas as persoas interesadas poderán atopar información actualizada sobre os diferentes proxectos que levan a cabo, o seu contacto e o número de conta no que poder facer contribucións.
Descargar todas as imaxes