Caballero trasladou ao embaixador alemán que a proposta española de tax lease é "correcta e legal"

O alcalde de Vigo recibiu este mércores ao embaixador de Alemaña no país, Reinhard Silberberg, ante quen defendeu a proposta de España para o sistema de bonificación fiscal para a contratación de buques, o chamado tax lease. Caballero tamén explicoulle o potencial vigués en industria e economía, en particular o relativo ao I+D+i.

mércores, 21 mar 2012
1332334694embajador.jpg
Abel Caballero indicou ante os medios de comunicación a vontade da cidade é que o naval de Vigo poida operar atendendo ás leis comunitarias da competencia, e defendeu a proposta española elevada a Bruxelas como "correcta e legal".

Tamén transmitiu Caballero ao embaixador alemán a visión da industria e da economía de Vigo, e as súas perspectivas de futuro. Resaltou o rexedor que a relación co pais xermano é "notable", principalmente pola industria da automoción e pola construción e reparación naval.
Descargar todas as imaxes