O alcalde asegura que os proxectos da Zona Franca en Vigo "van a bo ritmo"

Abel Caballero recibiu hoxe mércores á delegada do Consorcio, Teresa Pedrosa, unha reunión na que constataron que "os proxectos da Zona Franca que teñen que ver con Vigo van a bo ritmo", singularmente citou a ampliación do Parque Tecnolóxico e Loxístico, o Polígono de Matamá-Valadares e a conexión da área industrial de Balsa coa VG-20.

mércores, 21 mar 2012
1332334666zfv.jpg
O alcalde e presidente do Consorcio da Zona Franca de Vigo subliñou a "cordial" entrevista mantida con Teresa Pedrosa, quenes trataron "a fondo" estas cuestións como temas relevantes para a cidade.

A ampliación do PTL é "de gran urxencia" pois existe "demanda" de industrias do sector terciario para establecerse nesta área. A Zona Franca está pendente de contratar a asistencia técnica para desenvolver este proxecto, segundo indicou Caballero.

O rexedor tamén recordou que, entre o Concello e o Consorcio, o Polígono de Matamá-Valadares conta cun orzamento superior aos 50 millóns de euros, un desenvolvemento "clave" para o solo industrial vigués. O proxecto está consensuado entre as partes e agora "urxe a tramitación real" do mesmo.

En terceiro lugar, Caballero indicou que o Concello autorizou á Zona Franca de Vigo a licitar a conexión do Polígono de Balsa e o vial VG-20, tamén con acordo entre ambas e a Xunta de Galicia. Tras a autorización municipal, o Consorcio acometerá as obras que asumirá o goberno autonómico.

Por último, e con menor vinculación a Vigo, Caballero e Pedrosa abordaron a necesaria reactivación da PLISAN e de Porto do Molle, esta última para buscar clientes nas naves que están agora vacías en Nigrán. No tocante ao Porto Seco, o alcalde de Vigo reclamou á Xunta de Galicia, ao Porto de Vigo e ao Consorcio que axilicen a urbanización do millón de metros cadrados de solo, contratado hai aproximadamente dous anos.
Descargar todas as imaxes