O Concello activa unha unidade policial específica para prevenir infraccións urbanísticas
O alcalde, xunto aos edís de Urbanismo e Seguridade, presentou este xoves a nova unidade urbanística da Policía Local, coa que o goberno local pretende prevenir e perseguir infraccións urbanísticas na cidade, cumplimentando a laboura que xa veñen realizando os inspectores de Urbanismo. Os nove axentes recibirán formación específica e iniciarán a súa actividade dentro dun mes.
Segundo revelou o alcalde ante os medios, o Concello aprobou en 2011 o seu Plan de Inspección Urbanística para o presente ano, creando así un marco de prevención e loita contra as infraccións urbanísticas. Para reforzar o traballo dos nove inspectores da Xerencia de Urbanismo, e pola dispersión que caracteriza ao municipio, o goberno local crea esta unidade específica.
A Policía Local de Vigo, que xa viña colaborando eficazmente en aspectos de disciplina urbanística, adicará agora un inspector e oito axentes para avanzar nos cumprimentos do Plan de Inspección e garantir o cumprimento da legalidade.
Xunto á prevención e a persecución das infraccións, esta nova sección creada polo goberno de Vigo procura a concienciación cidadá, polo que os efectivos policiais serán formados en dereito e ordenación urbana.
O alcalde de Vigo recordou que a legalidade urbanística é unha das prioridades do goberno que dirixe desde a súa chegada ao Concello, un obxectivo no que avanzouse coa aprobación do Plan Xeral de Ordenación Municipal, que ven recibindo o respaldo xudicial das distintas sentenzas emitidas.
Descargar todas as imaxes