O alcalde traslada a Fomento o estudo municipal que avala a Vigo como porto nodal europeo
Abel Caballero transmitiu este venres públicamente o seu apoio á ministra de Fomento, Ana Pastor, nas súas xestións con Bruxelas para conseguir que Vigo sexa declarado porto prioritario en Europa. Adiantou o alcalde que trasladará ao Ministerio o estudo do Concello que defende a categoría central para o Porto de Vigo, baseado na futura Autopista do Mar, no liderado en pesca e no valor das mercancías.
O alcalde de Vigo respaldou este venres ás xestión do Ministerio de Fomento en Europa para conseguir que declare ao porto vigués como prioritario na rede continental, sabedor de que é un proceso "complexo".
Caballero anunciou o envio a ministra Ana Pastor do estudo encargado polo Concello sobre "as características que o fan acreedor da catalogación de nodal", é dicir, ser cabeceira da futura Autopista do Mar con Francia, o seu liderado en descarga de pesca para consumo humano e o valor das mercancías movidas.
Sobre esta cuestión, o rexedor recordou que o de Vigo é un porto "nucleador de industria do territorio" e por tanto "clave" na xeración de emprego e economía no entorno, o que non acontece noutras terminais de maior tamaño como Alxeciras. Estas características converten ao Porto de Vigo "seguramente" en "único en Europa, non por volume pero si pola calidade e as circunstancias que o rodean". "A Comisión ten que modificar os seus planteamentos" para incluilo na rede prioritaria de portos europeos, asegurou.
Descargar todas as imaxes