Vigo súmase os actos do Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo o 2 de abril
A presentación do conto "Un soño na bandexa" adaptado á lectura con pictogramas e a ilumación de azul de edificios e monumentos emblemáticos da cidade centran os actos que se desenvolverán en Vigo os días 1 e 2 de abril con motivo do Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo 2012, e que presentaron hoxe venres o concelleiro de Normalización Lingüística, Manel Fernández, e o director xeral da Fundación Menela, Cipriano Jiménez.
O día 2 de abril, conmemórase o Día Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo. Segundo estudos epidemiolóxios da Organización Mundial do Autismo, 1 de cada 150 nenas e nenos en idade escolar poderían presentar un Trastorno do Espectro do Autismo(TEA), polo que a detección temperá debe ser unha prioridade na intervención e orientación dos TEA, contribuíndo así á defensa dos seus dereitos e mellora da súa calidade de vida, permitíndolle aos profesionais e ás familias establecer aqueles criterios máis doados de tratamento e escolarización para cada caso, de cara ao seu desenvolvemento persoal e á súa inclusión social.
Con ocasión deste día a Fundación Menela e a Editorial Galaxia presentarán o conto "Un soño na badexa" adaptado á lectura con pictogramas, o primeiro libro infantil con pictogramas en galego. A presentación, que terá lugar ás 18 horas no salón de actos do Marco o luns, día 2 de abril, consistirá nunha sesión de contacontos por parte da súa autora, Mariné Lorenzo Corcoba con ilustracións en directo de Jorge Vázquez e as intervencións do editor, Francisco Castro, o director xeral da Fundación Menela, Cipriano Jiménez e do o concelleiro de Normalización Lingüística, Manel Fernández.
Ás persoas que merquen o libro ese día se lles agasallará cun vale, escrito en pictogramas, para canxear por un chocolate na cafetería Detrás do Marco, na rúa Londres s/n.
Por outra banda, o Concello de Vigo, súmase á acción internacional "Light it up blue", que consiste en iluminar de azul edificios e monumentos emblemáticos, tinguindo de azul a noite do 1 ao 2 de abril o edificio do antigo Concello ( praza da Constitución), a Casa das Artes, o antigo Reitorado e as fontes da rúa Aragón e da Gran Vía.
De forma complementaria a estas actividades, colocaranse Globos Azuis en cada un dos centros da Fundación e farase entrega dos "Lazos e Pulseiras polo Autismo" que están facendo os rapaces do Centro de Educación Especial Menela e do Centro de Día e Residencia Castro Navás, nos sus obradoiros en colaboración cos seus profesores e monitores.
Descargar todas as imaxes