O goberno local aproba unhas contas para 2012 con máis gasto social e de xeración de emprego
O Pleno extraordinario deste venres aprobou inicialmente o orzamento municipal de 2012, que ascende a 220,4 millóns, un 2% menos que o de 2011. Socialistas e nacionalistas, coa oposición do PP, validaron un texto que duplica as partidas para emprego, incrementa case nun 11% o gasto social, rebaixa o gasto corrente e adica 14,3 millóns a investimentos.
A concelleira de Economía e Facenda, Raquel Díaz, explicou que Vigo é "a primeira cidade de España que presenza uns orzamentos adaptados ao decreto de Rajoy de 31 de decembro" de 2011, o quinto consecutivo en outros tantos anos do goberno local presidido por Abel Caballero.
Díaz enmarcou o orzamento de 2012 na austeridade, na protección social e na xeración de emprego. O gasto social ascende a 10,6 millóns de euros, un incremento de case un 11% con respecto ao pasado ano e máis do dobre sobre os 4 millóns orzamentados en 2005 -o último aprobado polo PP no goberno-.
As contas aprobadas rebaixan as dedicacións exclusivas dos concelleiros e o gasto en asesores, redúcense os gastos correntes non sociais en 3,5 millóns de euros, cae tamén a presión fiscal coa conxelación das taxas e a débeda pública municipal, que descende a 11,5 millóns.
As accións directas e indirectas destinadas á creación de emprego superan os 5 millóns de euros, un 98% máis que no pasado ano. Súmase a esta partida os 12,5 millóns orzamentados para as políticas keynesianas de emprego, é dicir, as humanizacións de numerosas rúas da cidade.
A edil de Economía e Facenda explicou que o texto inclúe tamén partidas para parques infantís e biosaudables, zonas verdes e escolas infantís, melloras en comedores e patios de colexio, equipamentos deportivos e melloras nos mercados municipais. O deporte sube nun 10,8% e as cantidades destinadas ao transporte público tamén aumentan ata os 10,7 millóns, un 9,18% máis que en 2011.
A sesión plenaria deste venres deu luz verde ao orzamento de xeito inicial, co que comeza agora os prazos de exposición pública e presentación de alegacións que levarán as contas de volta ao Pleno cara a súa aprobación definitiva e entrada en vigor.
BNG
O voceiro dos nacionalistas, Santiago Domínguez, indicou que o orzamento mellorou coas enmendas presentadas polo seu grupo, incrementando as bolsas de comedor e de libros, as axudas ás familias, as partidas para xeración de emprego ou proxectos culturais como o Arquivo Pacheco, conseguindo unha mellor e máis equitativa distribución dos recursos.
PP
O voceiro do grupo municipal do PP, José Manuel Figueroa, criticou un orzamento que reflicte un modelo de cidade, que cae nun 22% en investimentos e que adica 100 millóns a gasto corrente. Asegura Figueroa que non existen novos proxectos nin apoio aos sectores produtivos da cidade e propuxo a eliminación dos organismos autónomos do Concello (IMD, VigoZoo, Xerencia de Urbanismo e EMAO) para aforrar un 30% dos seus gastos.
Descargar todas as imaxes