Escoitar

Vigo acollerá o 5 e 6 de abril o I Concurso de Violín "Cidade de Vigo"

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e a presidenta da Asociación Galega de Instrumentos de Corda, Elizabeth Taylor, presentaron este luns o evento, que reunirá a novos concursantes de ata 19 anos procedentes de distintos puntos de Galicia. A cita concluirá o venres, 6 de abril, coa entrega de premios e un concerto de peche dos galardonados.

luns, 2 abr 2012
1333367361violin.jpg
Abel Caballero quixo mostrar o respaldo do Concello de Vigo a un concurso de "importancia" que nace este ano con vocación de converterse nunha cita internacional.

O alcalde salientou que Vigo é unha urbe que "cultiva a musica" e felicitou aos organizadores polo "gran traballo" desenvolvido na posta en marcha deste I Concurso de Violín "Cidade de Vigo". Invitou Caballero á cidadanía a presenciar o concerto de peche, que terá lugar no Círculo Mercantil.

Serán 17 os concursantes que optarán aos premios, divididos en tres tramos de idade: ata 13, ata 16 e ata 19 anos. O xurado estará presidido polo compositor galego Maximino Zumalave e composto por Leonardo Blanco, Joám Trillo, Edita Shulman Kasparaitis e Enrique Iglesias Precedo.
Descargar todas as imaxes