Escoitar

O alcalde louba o deseño das vivendas de Navia que sorteará o Concello en réxime de aluguer

O alcalde de Vigo visitou esta mércores unha das 35 vivendas de Navia que o Goberno municipal sorteará en réxime de aluguer nos próximos días entre as 1.636 persoas que as solicitaron. Estes pisos son o 10% que lle corresponde ao Concello de Vigo por ter cedido de balde o solo para a edificación dun inmoble de protección oficial.

mércores, 4 abr 2012
1333552705navia.jpg
O alcalde visitou hoxe mércores unha das 35 vivendas que o Go berno municipal vai sortear en réxime de aluguer nas próximas semanas no barrio de Navia. "Estamos dando resposta a unha grande demanda na cidade, facilitarlle vivenda ás persoas con menos recursos", dixo o alcalde, ao tempo que matizou que esta recepción oficial "chega con máis de dous anos de retraso". Na súa comparecencia, lembrou, asimesmo, que estas vivendas correspóndenlle ao Concello de Vigo por ter cedido de balde o solo para a edificación, xa que a lei estipula un retorno do 10% das vivendas erixidas. Logo de visitar a vivenda, o rexedor loubou o deseño da mesma e felicitou á ex conselleira de Vivenda, Teresa Táboas, xa que estes edificio foi construído baixo a súa responsabilidade.

O rexedor apuntou que o Goberno de Vigo iniciou o procedemento cara á adxudicación das mesmas en réxime de aluguer, proceso ao que optaron durante o prazo estipulado un total de 1.636 persoas, de xeito que semana que ven, segundo explicou, a web municipal publicará o listado de admitidos e excluídos para o sorteo, tras o que abrirase un prazo de 10 días para corrección de erros, que precederá á publicación do listado definitivo. Unha vez aprobado fixarase unha data para o sorteo ante notario, en cada unha das tres modalidades.

Abel Caballero recordou que o Concello ofertou estes pisos en aluguer divididos en tres tramos: 6 vivendas para persoas con mobilidade reducida, outras 13 para unidades familiares con rendas non superiores ao 1,5 sobre o IPREM, 9 máis para unidades con ingresos entre o 1,5 e o 1,5 sobre o IPREM, e 7 reservadas para atender situacións de emerxencia social. As vivendas teñen entre 80 e 90 metros cadradas e todas elas contan con praza de garaxe e rocho. O prezo de aluguer das mesmas oscilará entre os 115 euros mensuais da máis barata e os 166 euros da máis cara.
Descargar todas as imaxes