Caballero entregou os diplomas ás 26 mulleres do programa Clara para a empregabilidade
O alcalde, Abel Caballero, e a concelleira de Igualdade, Chus Lago, fixeron entrega este martes dos diplomas ás 26 mulleres que participaron no programa Clara, que procura implementar a empregabilidade das mulleres con especial vulnerabilidade e/ou en situación de risco de exclusión social.
Abel Caballero felicitou ás participantes desta iniciativa municipal, cofinanciada co Instituto da Muller, indicándolles que a dignidade é primordial na consecución dos retos persoais e animounas a continuar coa súa progresión.
Estas 26 mulleres corresponden á edición de 2011 deste programa bianual, que o Instituto estatal da Muller ten actualmente paralizado na súa tanda para 2012. O orzamento previsto para os dous anos ascendía a 70.000 euros.
As diplomadas cursaron módulos de motivación para o cambio persoal e o emprego de 136 horas, iniciando posteriormente unha cualificación específica en búsqueda activa de emprego, conducción de autobús ou estética, dependendo de cada perfil e das demandas do mercado laboral da área metropolitana de Vigo.
Para acadar unha maior e máis activa participación das mulleres, o Concello de Vigo ofreceu un servizo de coidado dos menores a cargo das alumnas e unha axuda económica para o transporte das mesmas.
Descargar todas as imaxes