Escoitar

Presentación do libro "Cátedra Novacaixagalicia de Estudos feministas nº 5 Universidade de Vigo

O Centro de Documentación e Recursos Feministas de Vigo acolle hoxe martes ás 19 horas a presentación do libro "Cátedra Novacaixagalicia de Estudos feministas nº 5 Universidade de Vigo", Difusora de letras, artes e ideas 2011.

martes, 10 abr 2012
1334050684portada.jpg.jpg
As achegas reunidas neste libro abranguen campos como bullying, o turismo rural, a política, o deporte e o liderazgo empresarial así como a violencia, e todos estos temas enfocados desde a perspectiva de xénero.

Trátase, de novos avances realizados por investigadores/as da Universidade de Vigo e que abordan temas de actualidade a través da formulación de reflexións dun enorme calado social. O seu traballo é proba das investigacións de alto nivel realizadas xunto a Novacaixagalicia no marco desta Cátedra e reforza o compromiso da Universidade de Vigo co benestar social de Galicia e a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes.

Textos de María Victoria Carrera Fernández, María Lameiras Fernández, Yolanda Rodríguez Castro, Ana Gueimonde Canto, Isabel Diéguez Castrillón, Ana Isabel Sinde Cantorna, Pilar Allegue Aguete, María Mercedes Álvarez Lires, Francisco Javier Álvarez Lires, Uxío Pérez Rodríguez, Azucena Arias Correa, Dolores Arias Correa, María Luisa Alonso Escontrela, Alexandre Bermúdez Iglesias, Gloria Soneira Veiga, Patricio Sánchez Fernández, Purificación Mayobre, Carmen Benso, Carmen Pereira, Carmen Verde, Jeannette Bello Mota, Ana Bringas López, Olga Castro Vázquez, Alba de Béjar Muíños, E. Guillermo
Descargar todas as imaxes