Caballero entregou diplomas a 250 funcionarios polos cursos de formación realizados
O alcalde, Abel Caballero, fixo este mércores entrega dos diplomas acreditativos dos cursos impartidos no marco do plan agrupado de formación do Concello e da Mancomunidade de Vigo durante o ano 2011, 29 materias de actualización profesional nas que participaron máis de 250 empregados públicos. O orzamento ascendeu a 80.000 euros.
O rexedor vigués presidiu este mércores o acto de entrega dos diplomas que acreditan aos máis de 250 funcionarios a súa participación no plan de formación de 2011, coa programación e realización de 29 cursos por parte do Concello e da Mancomunidade de Vigo.
O orzamento deste programa de actualización profesional para empregados públicos ascendeu a 80.000 euros, sufragados polo Instituto Nacional de Administración Pública. Os cursos ofertados formaron aos traballadores na administración pública, idiomas, lexislación, informática ou distintas materias para a actualización policial. O alcalde trasladou aos funcionarios a súa felicitación polo esforzo realizado.
Descargar todas as imaxes