Escoitar

Relatorio "A saúde feminina a partir dos 40" dentro do Ciclo Muller e Saúde Integral

A concellería de Igualdade programa unha nova edición do ciclo "Muller e saúde integral" que acollerá a Casa das Mulleres ( rúa Romil nº 20, Vigo ) durante os meses de abril, maio de xuño. O primeiro relatorio " A saúde feminina a partir dos 40" será a cargo de Amaya Pérez-Izaguirre Urquizo - médica de familia- será este xoves, 12 de abril, ás 19.00 h

mércores, 11 abr 2012
Nesta nova edición do ciclo compaxinaranse sesións de relatorios de saúde con sesións demostrativas, exemplos prácticos que se poidan realizar decote e que melloren a nosa calidade de vida.A participación en todas as actividades deste ciclo será gratuíta e non require inscrición previa. Aforo limitado

ABRIL 2012

Relatorio: " A SAUDE FEMININA A PARTIR DOS 40 "
Intervén: Amaia Pérez-Izaguirre Urquizu -Médica de familia-
Xoves, 12 de abril ás 19.00 h

Obradoiro:" Practiquemos RISOTERAPIA. EFECTOS BENEFICIOSOS"
Intervén: Pilar Lorenzo Represas -Monitora de risoterapia-
Xoves, 19 de abril ás 19.00 h

Obradoiro: " Practiquemos PILATES. EFECTOS BENEFICIOSOS "
Intervén: Isabel Rodríguez de la Iglesia -Monitora de pilates-
Xoves, 26 de abril ás 19.00 h

MAIO 2012

Relatorio: " A DEPRESIÓN FEMININA "
Intervén: Carmen Clavería Prada – Psicóloga -
Xoves, 3 de maio ás 19.00 h

Obradoiro: " EXERCITEMOS A NOSA AUTOESTIMA "
Intervén: Carmen Clavería Prada – Psicóloga -
Xoves, 31 de maio ás 19.00 h

XUÑO 2012

Relatorio " A PREVENCIÓN DO CANCRO DE PEL "
Colabora: Asociación Española Contra el Cáncer
Intervén: Sole Reparaz –Médica-
Xoves, 14 de xuño ás 19.00 h

Obradoiro: " Casos Prácticos: PRIMEIROS AUXILIOS NO VERÁN "
Colabora: Plan Saúde do Concello de Vigo
Intervén: Carlos Vales Porto
Xoves, 21 de xuño ás 19.00 h

Todas as actividades do ciclo Muller e Saúde Integral III van dirixidas a mulleres e desenvolveranse na Casa das Mulleres na rúa Romil número 20 de Vigo no horario que se indica en cada unha delas. Aforo limitado.

Ademais ao longo dos meses de abril a xuño, poderán visitarse exposicións e participar noutras actividades no horario da Casa.

Máis información