Vigo aspira a ser unha das sete cidades europeas piloto na implantación de corredores intelixentes para regular o tráfico
Abel caballero avanzou esta mañá que Vigo se incorporará a un proxecto de corredores viarios intelixentes que permitirá unha interacción entre vehículos e emisores fixos. A aplicación das novas tecnoloxías facilitará, entre outros avances, que os autobuses urbanos ou vehículos de emerxencias atopen os semáforos en verde.
O rexedor anunciou a súa disposición a que Vigo se incorpore ao proxecto SISCOGA, unha iniciativa de corredores intelixentes que, a través das novas tecnoloxías, establece un sistema de interacción entre vehículos e emisores fixos. Esta idea, que xa está en marcha nun área de 60 kilómetros do entorno interurbano de Vigo, vaise estender á cidade nun corredor urbano que "se vai establecer de xeito experimental" entre a AP-9, a rúa Cervantes, Gran Vía, Avenida de Madrid e autovía Vigo-Madrid. Caballero deu detalles deste proxecto logo dunha reunión que mantivo esta mañá con responsables do Cetag (Centro Tecnolóxico de Galicia); Esycsa (concesionaria do mantemento da rede semafórica), ademais dos concelleiros de Fomento e Seguridade, David Regades e Carlos Font, respectivamente.
Segundo explicou, o sistema de información que se establece entre vehículos e emisores fixos permitirá, entre outros avances, dar acceso prioritario a autobuses urbanos e emerxencias, que cando se achegen ao semáforo os atoparán verde coa antelación suficiente para que non ter que frear; facilitará información sobre eventuais atascos e rutas alternativas; avisará de semáforos en vermello para que o condutor se anticipe ou xestionará aparcamentos públicos, advertindo de prazas vacantes.
Trátase, indicou, dunha nova forma de orientar o sistema de sinalización do transporte urbano na cidade, formando parte dun programa que comezaría este mes de maio e continuaría ao longo de 2013. Vigo aspira a ser unha das cidades piloto do proxecto europeo liderado por Ertico, xunto con cidades como Newcastle (Reino Unido), Burdeos (Francia), Tesalónica (Grecia), Helmod (Holanda), Turín (Italia) e Copenague (Dinamarca) . O rexedor matizou que, "aínda que de momento imos usar esta tecnoloxía de xeito experimental, ao remate do proxecto, estaremos en condición de implantala de xeito xeralizado". Rematou loubando o traballo do Centro de Tecnolóxico de Galicia, "líder mundial na aplicación deste tipo de tecnoloxías".
Descargar todas as imaxes