Escoitar

A Fundación Provigo centrará a súa actuación na busca de solucións para a saída da crise económica na área de Vigo

Abel Caballero avanzou este xoves que a Fundación Provigo dirixirá a súa actividade ao debate e busca de solucións para que a área de Vigo saia canto antes da crise. Así o acordaron os membros do Padroado da Fundación que esta mañá mantiveron un encontro no que decidiron convocar o día 6 de xuño unha asamblea xeral de todos os membros da fundación "para darlle capacidade e impulsar" esta nova etapa de Provigo que "vai estar volcada na actividade empresarial da cidade".

xoves, 12 abr 2012
1334231495provigo.jpg
O Padroado da Fundación Provigo reuniuse esta mañá de xoves "nun clima cordial e de impulso definitivo á entidade". O rexedor e presidente do Padroado explicou que a primeira decisión que se tomou foi a de adaptar á Fundación á actual situación económica, unha viabilidade que xa está garantida xa que comprimíronse "ao máximo" os gastos fixos- 50.000 euros-, mentres que os ingresos rondan os 150.000 euros, sempre co obxectivo de que a fundación teña superávit.

Caballero avanzou que os membros do Padroado acordaron centrar a actuación de Provigo no debate e busca de solucións á crise económica na área de Vigo. Trátase, dixo, de buscar vías de saída "ao Vigo emprendedor, loxístico, o da cultura a marca cidade, turismo ou o do grandes eventos". Esta andaina arrancará cun prantexamento activo de participación en ámbitos como o automóbil, a pesca, o financeiro ou o turístico, entre outros, nunha grande xornada de reflexión no que tomarán parte importantes representantes de cada un destes sectores. "Despois organizaranse grupos de traballo con expertos para ir aplicando as recomendacións sectoriais", apuntou.

O día 6 de xuño organizarase unha asamblea xeral de todos os membros da Fundación "para arrancar conxuntamente" cunha novidade, matizou, vaise dar cabida na reflexión non só aos membros do Padroado senón a todos os membros da fundación: aos que o son na actualidade e aos que o foron e por unha razón ou outra se deron de baixa . "Queremos darlle capacidade e impulso á Fundación, insistiu, para que se centre na actividade empresarial da cidade, moi puxante a nivel internacional".
Descargar todas as imaxes