Escoitar

Urbanismo propón que o "Colexio alemán" sexa un equipamento sociocultural no barrio de Coia

Abel Caballero avanzou que Urbanismo aprobou hoxe venres a modificación do PERI da Bouza Sur que posibilita que o antigo "Colexio alemán" sexa un centro sociocultural para uso e disfrute dos veciños de Coia. O cambio elimina definitivamente a posibilidade de construir "aquelas famosas torres de edificios que alguén quixo construir noutros tempos".

venres, 13 abr 2012
A Xerencia de Urbanismo deu luz verde esta mañá de venres á modificación do PERI da Bouza Sur, o que posibilita a construción dun equipamento sociocultural no barrio de Coia. Segundo explicou o rexedor, o Concello propón que o antigo "colexio alemán" sexa un centro sociocultural para uso e disfrute dos veciños. Avanzou tamén a eliminación definitiva de "aquelas famosas torres que alguén quixo construír noutros tempos" , insistindo en que a desaparición da edificabilidade é garantía do uso social da zona."Queda todo preparado para construír o colexio alemán", manifestou.

Por outra banda, destacou que durante a reunión semanal de urbanismo, deuse conta de 17 licenzas de obras e 5 de actividade, cun investimento de 1,2 millóns de euros.