Caballero cualifica de "moi boa opción" a redefinición do proxecto de estación de Urzáiz que propón Fomento
Abel Caballero asegurou esta mañá que a estación de AVE de Urzáiz manterá os elementos centrais do proxecto de Tom Mayne a pesares de que Fomento "redefina o espazo nunha ubicación menor". Despois dunha reunión co secretario de Estado de Infraestruturas, Rafael Catalá, reiterou a súa "vocación de cooperación absoluta e total" co Goberno de España porque Vigo terá unha estación equivalente á maior estación de Viaria de España, a de Málaga.
Abel Caballero reiterou esta mañá a súa "vocación de cooperación absoluta e total" co Goberno de España para chegar á redefinición total da grande estación de AVE en Vigo. Logo de recibir na Alcaldía ao secretario de Estado de Infra estruturas, Rafael Catalá, e de participar na terceira reunión de seguimento para a construción da estación, explicou que unha das alternativas de Fomento -a segunda foi desbotada polo Concello de xeito inmediato- mantén os elementos centrais do do grande proxecto de Tom Mayne. En primeiro lugar, dixo, preserva a infraestrutura como un grande centro económico e social e de transporte da cidade; rediseña un novo centro en Vigo e, por último, prevé unha inmensa praza -equivalente a 5 campos de fútbol- en Vía Norte. Engadiu que se manteñen dúas entradas: Vía Norte e actual entrada e explicou que, con respecto ao proxecto previo, redefine o espazo nunha ubicación menor a orixinal. Confiou en que o proxecto no se retrase e puxo en valor que manteñan as 1.400 prazas de aparcamento, unha grande praza e o mirador.
Trátase, dixo, dunha moi boa opción para estudar o proxecto a fondo, xa entre Goberno central e Concello e, se así o considera, coa colaboración da Xunta para establecer a intermodalidade. "Nós seguimos abogando por máis viais de acceso, como manter o de García Barbón, seguir definindo o de Vía Norte -desde o centra da cidade- e o de Travesía de Vigo", insistiu. Esta proposta, apuntou, é moi bo punto de partida porque en Vigo teremos unha estación equivalente en estación Viaria maior de España, que é a de Málaga.
Descargar todas as imaxes