O Concello ultima unha ferramenta informática de seguemento e control permanente do Lagares

venres, 27 mai 2011

O Concello de Vigo, en colaboración coa Fundación Biodiversidade e a Universidade de Vigo, ultiman a entrada en funcionamento dun Sistema de Información Geográfica (SIG) que integrará os datos sobre os marxes do río, as augas e a actividade das empresas próximas, entre outras. Esta ferramenta é transversal, sumando a información dispoñible dos distintos departamentos municipais involucrados no río, como Medioambiente, Limpeza, Seguridade ou Urbanismo.

Nenos e maiores estiverons en contacto coa natureza

Preto de 1.000 persoas participaron esta fin de semana en actividades da Concellería de Medioambiente

luns, 16 mai 2011

As actividades da Concellería que dirixe a socialista Chus Lago fixeron posible que arredor de 165 nenos compartiran este sábado unha xornada medioambiental que se desenvolveu na praia do Vao. Unhas 65 persoas coordinaron as saídas ás Illas Cíes do sábado e do domingo que tiveron como novidade unha actividade con Kaiacs.

O Concello renderá unha homenaxe aos irmáns Veiga pola súa contribución á difusión do Medioambiente

martes, 12 abr 2011

O Centro Social de Novacaixagalicia acollerá mañá 13 de abril, ás 19:30 horas, un acto no que a Concellería de Medioambiente distinguirá o traballo dos espeleólogos vigueses, Constancio e Antonio Veiga, polo seu traballo a prol de divulgación no eido medioambiental. Chus Lago incidiu neste martes en que estas dúas persoas son as "grandes inspiradoras" do programa "Vigo, Camiño a Camiño".

Caballero visitou a zona de corentena e os recintos para lobos, bóvidos e herbívoros de VigoZoo

luns, 11 abr 2011

O alcalde de Vigo -xunto á concelleira de Medioambiente, Chus Lago- visitou este luns o parque de VigoZoo, en particular as últimas instalacións en entrar en funcionamento: a zona de corentena, o espazo para os lobos e o recinto de bóvidos e herbívoros. Nestas tres melloras, o Concello investiu 370.000 euros. Caballero amosouse "satisfeito da actuación no zoo", que "cumpre ben o seu cometido" e subliñou o papel de recuperador de especies para a natureza.

Abel Caballero e Chus Lago participaron na prantación de árbores de Medioambiente no humidal de Muíños

martes, 29 mar 2011

O alcalde e a concelleira de Medioambiente participaron a pasada fin de semana nesta iniciativa dirixida á infancia co dobre obxectivo de recuperar o arborado autóctono polo Dia Mundial da Árbore e para continuar coa rehabilitación municipal do humidal de Muíños. Neste espazo, o Concello xa limpou 900 toneladas de escombro, especies invasoras etc que permitiu a repoboación da fauna.